Santiago. 11/3/2025
O empresario santiagués, José Ántonio Liñares, do Hotel Costa Vella, compartiu unha hora do seu tempo coas alumnas do Programa Integrado de emprego, que un ano máis poñen en marcha a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Liñares explicou ás alumnas participantes, os aspectos nos que máis se fixan e valoran os empresarios á hora de seleccionar novo personal para os seus hoteis. Begoña Caldas foi a docente encargada de impartir a xornada.